Mostrando entradas con la etiqueta NATURAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NATURAIS. Mostrar todas las entradas

15 de junio de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE SOCIAIS E NATURAIS PARA A SEMANA DO 15 AO 19 de XUÑO

ÚLTIMA SEMANA!!!

Remata o curso.
En setembro xa en 5º!!!

  • Esta semana ímola adicar a revisar e rematar  tarefas. Este é o momento de facer o que  vos quedou pendente.
  • Deixade un comentario de despedida para os compañeiros/compañeiras e para as vosas profes no chat do blogue.
  • E non esquezades as tarefas para o verán: descansar, xogar, rir, inventar, soñar, bailar, nadar na praia ou na piscina, camiñar, pasear en bici, ler, mirar as estrelas... e sobre todo ser felices e disfrutar dos bos momentos.

        As profes desexámosvos unhas felices vacacións!!!
#LoHabéisHechoFenomenal
Mariva e Esther

8 de junio de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 8 AO 12 de XUÑO

Repasamos  tema 5: Os animais invertebrados.
Lemos o tema con atención  (páx.72).
Visionamos os vídeos.



1 de junio de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 de XUÑO

Repasamos  tema 4: Os animais vertebrados.
Lemos o tema con atención  (páx.58)


  • Ficha interactiva.( Non esquezades dar a "terminado" completar e enviar a profesora)
  • E agora unha sopa de letras.


  • Tamén vos deixo un vídeo por si queredes ver os 12 animais máis curiosos do mundo.



  • Reto: Escribide no muro os animais que atopedes aquí, hay que poñer o voso NOME. Se facedes clic na imaxe será máis fácil.
  • TRIVIA: Percy Te Reto AMIG@ Yo lo... - Percy Martínez Fashion ...
Hecho con Padlet
COPIAR

25 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 de MAIO

Toca repasar : Dieta saudable

Para estar sans e importantísimo ter unha dieta saudable que debe ser variada e equilibrada.
Debemos coñecer os distintos grupos de alimentos e cales podemos comer con máis ou menos frecuencia . Podemos seguir a  pirámide alimenticia e así a nosa dieta será saudable.

  1. Visualizamos os vídeos


                               

    2. Aprendemos xogando


18 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 de MAIO


Esta semana imos a repasar os ósos do noso corpo. Aprende a situar os principais ósos e músculos.                                                            



ACTIVIDADES
Lembra: non se poden facer sen repasar antes. 
  1. Coloca o nome dos ósos. Fai clic no esqueleto.

    2. Unha sopa de letras, hai que atopar: ósos, músculos e articulacións  ( en castelán, non pasa nada, así comparamos os nomes que cambian).

  Sopa de letras

    Queres saber cinco cousas sorprendentes do esqueleto humano? Mira este vídeo.


Queres cantar a canción de Migallas : "O esqueleto" .Ten karaoke!!!




15 de mayo de 2020

A vosa compañeira Antela fixo unha presentación do seu traballo das plantas en vídeo. Quedou así de fantástica.


7 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 11 AO 15 de MAIO

Imos seguir co noso traballo, esta semana toca  repaso do que aprendemos sobre o corpo humano no tema 1.
  • As funcións vitais:
                      - Nutrición
                      - Relación
                      - Reprodución

Se premes na imaxe terás un resumo do máis importante deste tema. Tedes que lelo e relelo atentamente .Tamén podedes empregar o libro para repasar

https://drive.google.com/file/d/1ytWJkpkgcWfuiVaPiWJLbiHI-2Y_sD1m/view?usp=sharing

E desta vez vos propoño  unhas actividades interactivas que penso vos resultarán máis divertidas que facer fichas seguro (xa me diredes).

Como se fan?  Temos que completar as tarefas e ao rematar facer clic en TERMINAR!!
que está abaixo de todo.
A continuación sae unha pantalla onde tes que premer en ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESORA .
A continuación tes que ESCRIBIR o teu nome completo, o curso 4ºA, a asignatura (Naturais) e o noso email do blog( clase3bxunta@gmail.com)

E por últimos clica en ENVIAR.
Xa está!! Rematado!! O teu traballo me chegará a min !!!

ACTIVIDADES
Lembra: non se poden facer sen repasar antes. 

1. Resolve a sopa de letras. (Clic na imaxe).



2. Aparello dixestivo


O estades facendo moi ben. Ánimo!!!

27 de abril de 2020

AS PLANTAS

Unha vez descargados os libros dixitais, tendes que trastear e buscar as actividades on line (caixa azul situada no libro arriba a dereita).
Os últimos días, estábamos aprendendo cousas sobre as plantas.
A proposta para esta semana  é ler a Unidade 6 de Naturais "As plantas", practicar coas actividades on line e ver os vídeos que vos deixo para facer un pequeno proxecto sobre as plantas que incluirá:
  • Grupos de plantas.
  • Nutrición das plantas (Fotosíntese).
  • Reprodución das plantas.
  • Agricultura.
Podedes incluir imaxes, debuxos, ...Empregade a vosa creatividade!!! Pode ser un proxecto simple feito na libreta ou máis elaborado (recordade o dos animais en perigo de extinción).
A data de entrega será o luns 11 de maio. Teredes que subir o traballo (foto, pdf,...) ao correo do blog:  clase3bxunta@gmail.com

Non esquezades poñer sempre o voso nome, tanto nos comentarios coma nos correos. Se non sei con quen falo, non contesto(non se pode falar con descoñecidos:)



As plantas: tipos, relación e reprodución


As partes dunha planta.


A FOTOSÍNTESE. Como se alimentan as plantas?


Como se reproducen?


Partes dunha flor.


Queredes dar un paseo virtual polo Xardín Botánico de Madrid? Facede clic na imaxe


Queredes comprobar o que sabedes sobre as plantas? Facede clic neste xogo.

Algúns dos vosos/as compañeiros/as experimentaron coas sementes. Queredes ver o resultado? Facede clic no seu nome.

MARIO              ARANTXA       AURORA

ANTELA           AINHOA        NICO