27 de abril de 2020

BENVIDA

Ola rapaces, rapazas e familias!!!
A partir de hoxe estaremos en contacto con vós a través desta páxina onde haberá actividades, propostas de traballo e recursos para poder seguir facendo tarefas dende casa que é o que nos toca agora.
Ánimo que o estades facendo moi ben!!!
E ademáis agora xa podedes dar uns paseiños pola rúa. Pero con sentidiño.

Temos un correo de contacto, clase3bxunta@gmail.com, para que enviedes os vosos traballos, tamén podedes escribir as vosas dúbidas nos comentarios.
Unha aperta virtual para todos vós.
Mariva e Esther

AS PLANTAS

Unha vez descargados os libros dixitais, tendes que trastear e buscar as actividades on line (caixa azul situada no libro arriba a dereita).
Os últimos días, estábamos aprendendo cousas sobre as plantas.
A proposta para esta semana  é ler a Unidade 6 de Naturais "As plantas", practicar coas actividades on line e ver os vídeos que vos deixo para facer un pequeno proxecto sobre as plantas que incluirá:
  • Grupos de plantas.
  • Nutrición das plantas (Fotosíntese).
  • Reprodución das plantas.
  • Agricultura.
Podedes incluir imaxes, debuxos, ...Empregade a vosa creatividade!!! Pode ser un proxecto simple feito na libreta ou máis elaborado (recordade o dos animais en perigo de extinción).
A data de entrega será o luns 11 de maio. Teredes que subir o traballo (foto, pdf,...) ao correo do blog:  clase3bxunta@gmail.com

Non esquezades poñer sempre o voso nome, tanto nos comentarios coma nos correos. Se non sei con quen falo, non contesto(non se pode falar con descoñecidos:)



As plantas: tipos, relación e reprodución


As partes dunha planta.


A FOTOSÍNTESE. Como se alimentan as plantas?


Como se reproducen?


Partes dunha flor.


Queredes dar un paseo virtual polo Xardín Botánico de Madrid? Facede clic na imaxe


Queredes comprobar o que sabedes sobre as plantas? Facede clic neste xogo.

Algúns dos vosos/as compañeiros/as experimentaron coas sementes. Queredes ver o resultado? Facede clic no seu nome.

MARIO              ARANTXA       AURORA

ANTELA           AINHOA        NICO

ESPAÑA E EUROPA

Actividades para esta semana:
Lemos con atención o tema 5. "O territorio de España e Europa" Despois facemos as seguintes fichas:

                      Ficha 1 

                      Ficha 2

                      Ficha 3

Recordamos que tanto en Sociais como en Naturais, tendes dúas formas de facer calquera das fichas que vos propoñemos:
  • Imprimir, facer e  pegar na libreta para que non se perda.
  • Realizala na libreta, e nese caso non fai falta copiar as lecturas, so as preguntas e as respostas.

Podedes ir xogando e aprendendo con estes mapas interactivos de España.

 COMUNIDADES AUTÓNOMAS                                                                     
      Puzle 

Como se chama?

Onde está?

Capitais comunidades autónomas
Mapas interactivos de Enrique y Margarita Alonso