25 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 de MAIO

Toca repasar : Dieta saudable

Para estar sans e importantísimo ter unha dieta saudable que debe ser variada e equilibrada.
Debemos coñecer os distintos grupos de alimentos e cales podemos comer con máis ou menos frecuencia . Podemos seguir a  pirámide alimenticia e así a nosa dieta será saudable.

  1. Visualizamos os vídeos


                               

    2. Aprendemos xogando


PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE SOCIAIS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 de MAIO

REPASAMOS:"A terra e o sistema solar", páxinas 4 e 5 do libro.

Visualizamos estes vídeos .
O Sistema Solar.  Movementos da Terra. Fases da lúa.
                                              
Actividades:   Puzzle do Sistema Solar  
                        Ficha interactiva do Sistema solar , para enviarme antes do 1 de xuño. 

Os máis curiosos podedes entrar en:     Pregúntalle a un astrónomo
                          

24 de mayo de 2020

A vosa compañeira Aurora fixo unha presentación en vídeo do seu traballo: mapa de España. Quedou así de fantástica.

18 de mayo de 2020

Esta actividad se la propuse a los de 6º, pero pensé que a alguno de vosotros os podría gustar. Ya me contaréis...

Hoy 18 de mayo se celebra el Día Internacional de los Museos”  
Desde el Museo  del Prado  nos  plantean un juego,  un auténtico reto, buscar y localizar a los personajes, os proponen algunos pero hay muchos más. Es una propuesta lúdica y llena de aprendizajes. ¡Ánimo!
También se pueden hacer visitas virtuales por diferentes museos del mundo.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 de MAIO


Esta semana imos a repasar os ósos do noso corpo. Aprende a situar os principais ósos e músculos.                                                            



ACTIVIDADES
Lembra: non se poden facer sen repasar antes. 
  1. Coloca o nome dos ósos. Fai clic no esqueleto.

    2. Unha sopa de letras, hai que atopar: ósos, músculos e articulacións  ( en castelán, non pasa nada, así comparamos os nomes que cambian).

  Sopa de letras

    Queres saber cinco cousas sorprendentes do esqueleto humano? Mira este vídeo.


Queres cantar a canción de Migallas : "O esqueleto" .Ten karaoke!!!




PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE SOCIAIS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 de MAIO


Mapa de España físico, con provincias o ríos para imprimir

Actividade desta semana:
Elaborar un detallado mapa de España onde aparezan os nomes de:

  • Límites
  • Comunidades
  • Provincias
Podedes usar como modelo o Mapa de España que vos deixo neste enlace,  tamén pódese debuxar ou comprar en libreías ou quioscos.
Unha vez feita esta tarefa hay que enviala ao correo do blog.
Data de entrega o venres 22 de maio.









15 de mayo de 2020

A vosa compañeira Antela fixo unha presentación do seu traballo das plantas en vídeo. Quedou así de fantástica.


13 de mayo de 2020

SISTEMA SOLAR

Esta maqueta foi realizada pola vosa compañeira Nerea e quere compartila con todos nós. Quedou xenial verdade?

11 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE SOCIAIS PARA A SEMANA DO 11 AO 15 de MAIO

  Ánimo, xa queda menos e o estades facendo moi ben. Esta semana...

  PROVINCIAS DE ESPAÑA 
 Seguimos xogando cos mapas, esta vez aprendemos as provincias de cada Comunidade.

Provincias de España, puzle fácil



Como se chama?
Proncias de España ¿Cómo se llama?

Onde está?
Provincias de España ¿Dónde está?

7 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE NATURAIS PARA A SEMANA DO 11 AO 15 de MAIO

Imos seguir co noso traballo, esta semana toca  repaso do que aprendemos sobre o corpo humano no tema 1.
  • As funcións vitais:
                      - Nutrición
                      - Relación
                      - Reprodución

Se premes na imaxe terás un resumo do máis importante deste tema. Tedes que lelo e relelo atentamente .Tamén podedes empregar o libro para repasar

https://drive.google.com/file/d/1ytWJkpkgcWfuiVaPiWJLbiHI-2Y_sD1m/view?usp=sharing

E desta vez vos propoño  unhas actividades interactivas que penso vos resultarán máis divertidas que facer fichas seguro (xa me diredes).

Como se fan?  Temos que completar as tarefas e ao rematar facer clic en TERMINAR!!
que está abaixo de todo.
A continuación sae unha pantalla onde tes que premer en ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESORA .
A continuación tes que ESCRIBIR o teu nome completo, o curso 4ºA, a asignatura (Naturais) e o noso email do blog( clase3bxunta@gmail.com)

E por últimos clica en ENVIAR.
Xa está!! Rematado!! O teu traballo me chegará a min !!!

ACTIVIDADES
Lembra: non se poden facer sen repasar antes. 

1. Resolve a sopa de letras. (Clic na imaxe).



2. Aparello dixestivo


O estades facendo moi ben. Ánimo!!!

4 de mayo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 5 AO 8 de MAIO

Ola a todos e todas!!!
Seguimos traballando. Estas son as tarefas desta semana .

  1.  AUTOCORREXÍMONOS. Aquí vos deixo os solucionarios das fichas da semana pasada. Tedes que comprobar con atención se as vosas respostas son correctas.                                                                                                                                                                                                                                       Ficha 1 y  Ficha 2                   Ficha 3                                                                                                                                                                                                                                                                          
  2. Despois de xogar cos mapas seguro que xa sabedes moi ben todas as comunidades autónomas de España e as súas capitais. Agora toca facer un mapa ben feito e clariño onde se vexan reflexadas: COMUNIDADES AUTÓNOMAS, AS SÚAS CAPITAIS E CIDADES AUTÓNOMAS.
                      Podedes imprimir desde este enlace  Mapa de España

       Unha vez feito este mapa tendes que envialo ao correo do blog clase3bxunta@gmail. 
       A data de entrega será o venres 8 de maio.