Os últimos días, estábamos aprendendo cousas sobre as plantas.
A proposta para esta semana é ler a Unidade 6 de Naturais "As plantas", practicar coas actividades on line e ver os vídeos que vos deixo para facer un pequeno proxecto sobre as plantas que incluirá:
- Grupos de plantas.
- Nutrición das plantas (Fotosíntese).
- Reprodución das plantas.
- Agricultura.
A data de entrega será o luns 11 de maio. Teredes que subir o traballo (foto, pdf,...) ao correo do blog: clase3bxunta@gmail.com
Non esquezades poñer sempre o voso nome, tanto nos comentarios coma nos correos. Se non sei con quen falo, non contesto(non se pode falar con descoñecidos:)
As plantas: tipos, relación e reprodución
As partes dunha planta.
Como se reproducen?
Partes dunha flor.
Queredes dar un paseo virtual polo Xardín Botánico de Madrid? Facede clic na imaxe
Queredes comprobar o que sabedes sobre as plantas? Facede clic neste xogo.
MARIO ARANTXA AURORA
ANTELA AINHOA NICO
Me encantaron los vídeos de la eduteca. Ya tenía ganas de verlos otra vez.
ResponderEliminarUn saludo,
Aurora.
Aprender e repasar así e máis divertido. A que sí?Un bico Aurora:).
Eliminar