Unha vez descargados os libros dixitais, tendes que trastear e buscar as actividades on line (caixa azul situada no libro arriba a dereita).
Os últimos días, estábamos aprendendo cousas sobre as plantas.
A proposta para esta semana é ler a Unidade 6 de Naturais "As plantas", practicar coas actividades on line e ver os vídeos que vos deixo para facer un pequeno proxecto sobre as plantas que incluirá:
- Grupos de plantas.
- Nutrición das plantas (Fotosíntese).
- Reprodución das plantas.
- Agricultura.
Podedes incluir imaxes, debuxos, ...Empregade a vosa creatividade!!! Pode ser un proxecto simple feito na libreta ou máis elaborado (recordade o dos animais en perigo de extinción).
A
data de entrega será o
luns 11 de maio. Teredes que subir o traballo (foto, pdf,...) ao correo do blog:
clase3bxunta@gmail.com
Non esquezades poñer sempre o voso nome, tanto nos comentarios coma nos correos. Se non sei con quen falo, non contesto(non se pode falar con descoñecidos:)
As plantas: tipos, relación e reprodución
As partes dunha planta.
A FOTOSÍNTESE. Como se alimentan as plantas?
Partes dunha flor.
Queredes dar un paseo virtual polo
Xardín Botánico de Madrid? Facede clic na imaxe
Queredes comprobar o que sabedes sobre as plantas? Facede clic neste xogo.
Algúns dos vosos/as compañeiros/as experimentaron coas sementes. Queredes ver o resultado? Facede clic no seu nome.
MARIO ARANTXA AURORA
ANTELA AINHOA NICO